domingo, 28 de decembro de 2014
domingo, 21 de decembro de 2014
Modelo avaliación LOMCE 3º Primaria
Achegamos un exemplo de proba de avaliación externa elaborada polo INEE para 3º curso de Educación Primaria. Temos estímulos e ítems para medir a competencia lingüística (expresión e comprensión oral e escritas) e a matemática (cálculo e resolución de problemas).
Neste video acláransenos algúns aspectos do Marco xeral da avaliación de 3º de Primaria.
mércores, 17 de decembro de 2014
Análise de datos e interpretación de resultados
Velaquí o vídeo da segunda charla do Mooc Preguntas PISA. Varias persoas expertas do INEE analizan o proceso de análise e interpretación dos datos obtidos nas avaliacións internacionais seguindo as preguntas formuladas polos participantes nesta actividade de formación.
Algúns aspectos nos que se profundou son:
- Necesidade de mellorar a competencia dixital do alumnado porque os resultados das probas realizadas en soporte técnico son inferiores aos das probas realizadas en papel.
- O índice socioeconómico do alumnado é moi relevante: explica un 15% ou 16% da variación dos resultados, máis que a titularidade do centro ou o sexo.
- O modelo das novas probas externas (3º e 6º Primaria e 4º ESO) vai ser PISA.
- A avaliación de contidos curriculares está implícita na avaliación por competencias porque para chegar a dominar unha competencia hai que ter asimilados varios contidos curriculares: uns están implícitos nas aoutras.
- O custo de PISA é de un millón e medio de euros polo ciclo completo de tres anos.
xoves, 11 de decembro de 2014
domingo, 7 de decembro de 2014
Procedementos de avaliación. Alén das preguntas
Na charla celebrada no Mooc Preguntas Pisa abordáronse varios temas de interese no eido das avaliacións externas. Eis unha mostra:
- As avaliacións externas son útiles para provocar cambios na metodoloxía de ensinanza e aprendizaxe, incorporando o "saber facer", pois facendo partícipe ao alumnado do "problema" estimúlase a súa participación na solución. En Polonia, por exemplo, despois duns malos resultados cambiouse o currículum e a metodoloxía, e a situación mudou.
- Ademais do cambio metodolóxico, tamén debemos familiarizar o alumnado co formato das probas para minimizar o impacto do formato.
- A OCDE é quen fai a selección das mostras (centros educativos) para as probas PISA e é preciso avaliar un número determinado de alumnos e alumnas (mínimo de 6.300). En PISA 2015 participarán uns 1.000 centros no estado español, cubrindo todas as comunidades autónomas. Esta selección faise sen ter en conta as diferenzas socioeconómicas dos centros.
- Debe haber un grao de homoxeneidade nas traducións satisfactorio, para que non inflúan no resultado da avaliación. O que si se permite é certa adaptación dos estímulos á realidade física e cultural dos distintos países (cando se fala, por exemplo, de realidades xeográficas...)
- Os cuestionarios de contexto son fundamentais para ponderar os datos e existen ferramentas estatísticas que eliminan o efecto do índice socioeconómico e cultural para así poder comparar os distintos resultados.Existe unha correlación evidente entre o índice socioeconómico e cultural e os resultados do alumnado. A cantidade de libros na casa é un indicador da actitude da familia cara a cultura.
- A medición da perseveranza e motivación do alumnado faise a partir de certas preguntas directas e indirectas que facilitan a obtención do índice de dito indicador.
- Sería moi conveniente a creación dunha comisión de avaliación en todos os centros educativos. Mesmo algunha común aos centros dunha mesma zona, que soen ter o mesmo ISEC.
luns, 1 de decembro de 2014
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)