domingo, 30 de novembro de 2014

Proceso e interpretación de datos nas avaliacións internacionais

Á hora de procesar os datos nas avaliacións internacionais, procúrase identificar posibles valores erróneos e recuperar valores perdidos, tal e como nos explica Javier García (INEE) neste vídeo no que nos convida a facer unha análise de datos de maneira global: ver o promedio no que está o noso alumnado (as escalas de valoración teñen media de 500 e desviación típica de 100), os intervalos de confianza (dependente do número de alumnos e alumnas que realizan a proba en cada país) e os valores de rendemento (os 6 bloques ou niveis de competencia, de máis baixo a máis alto) nos que está o alumnado avaliado.



A respecto dos resultados das avaliacións que se publican, debemos ter en conta que son datos globais, porén os resultados de contexto permiten precisar máis algúns elementos: titularidade do centro, motivación e interese do alumnado, nivel cultural das familias, clima escolar...
Estamos, pois, medindo competencias do estudantado nas distintas materias tendo en conta condicionantes sociais, económicos, académicos, familiares... e a súa influencia no rendemento dos estudantes. Isto haino que ter en conta para facer un xuízo de valor equilibrado, tal e como nos explica Luis Sanz neste vídeo:



O índice socioeconómico e cultural é unha das variables máis influíntes no rendemento dos estudantes e os datos obtidos nos cuestionarios de contexto demostran que no estado español se obteñen uns resultados esperables tendo en conta o nivel socioeconómico e cultural das familias.
Outros elementos con considerable peso nestes resultados son :
  • A perseveranza do estudantado: o seu interese por aprender, ser ou non repetidor de curso...
  • O profesor ou profesora: inténtase cuantificar a influencia do profesorado no resultado dos seus alumnos, de aí que se acentúe a formación do profesorado como elemento clave nos resultados académicos do alumnado.
Ruth Martín (INEE) explícanolo neste vídeo: 




Ningún comentario:

Publicar un comentario