Os medios de comunicación fanse eco das noticias relativas ás probas de avaliación externa co mesmo enfoque político que aplican en calquera outra nova.
Un exemplo é a información sobre os resultados obtidos polo alumnado español nas últimas probas PISA, dada a coñecer o pasado 1 de abril, que orixinou titulares e enfoques tan dispares como este de El País: "Equidad y élite", centrado na igualdade de cualificacións do alumnado español de clase social baixa co seu hamólogo europeo, ou estoutro de El Mundo: "El alumnado español, también a la cola de la OCDE en resolver asuntos cotidianos como comprar un billete de tren", pasando por unha postura intermedia na liña do derrotismo, de La Voz de Galicia: "El alumnado español, a la cola del informe PISA a la hora de resolver asuntos cotidianos".
Cando se refiren aos problemas que debían resolver os alumnos avaliados, vemos que se trata de:
- Comprar billetes de tren ou autobús nun lugar descoñecido facendo fronte a condicións adversas como perder un dos medios de transporte.
- Manexar e programar aparellos electrónicos complexos cotiáns.
Ao que non fan referencia os xornais en cuestión é ao abismo que hai entre a metodoloxía de aprendizaxe do alumnado do Estado Español, afincada no método bulímico: memorizo para vomitar no exame, esquenzo, volto a memorizar para o seguinte exame, esquenzo...e a metodoloxía competencial da que emanan as probas das avaliacións internacionais. Se puxesemos o dedo nesa ferida, achegariámonos máis axiña á solución do problema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario