xoves, 6 de novembro de 2014

Principais avaliacións internacionais

As avaliacións internacionais presentan como principal característica a de obter determinados datos ao longo dun período de tempo determinado para comparalos entre si (dentro do propio estado ou uns estados cos outros) coa finalidade de introducir as melloras precisas para conseguir uns obxectivos marcados a nivel internacional.

Fonte: blogluengo.blogspot.com
As principais avaliacións internacionais son: PISA: principal estudo comparativo entre 70 países, promovido pola OCDE desde o ano 2000. A súa periodicidade é trienal e céntrase na subcompetencia "comprensión lectora" en nenas e nenos de 15 anos. Tamén mide coñecementos en matemáticas e ciencias, desde unha perspectiva ampla do termo (engloba bioloxía, física, química e tecnoloxía). 

Estase estendendo tamén a medir outro tipo de competencias como a resolución de problemas, competencias metacognitivas como a de Aprender a aprender e competencias novas e de actualidade como a Competencia financeira. TIMSS: é un estudo internacional de tendencias en matemáticas e ciencias. En España pásase en 4º de educación primaria e está dirixido pola Asociación internacional da avaliación sobre o logro educativo. Dá catro estándares internacionais: avanzado, alto, medio e baixo, segundo os dominios de contido por parte do alumnado. TIMSS Advanced: Céntrase nas matemáticas avanzadas e na física de 2º bacharelato. España participa por primeira vez no 2015. 

Fonte: adimen.es
PIRLS: é un estudo internacional de progreso na subcompetencia "Comprensión lectora". Diríxese a alumnado de 4º de Educación primaria (idades entre 9 e 10 anos) e os textos de reflexión son 50% literarios e 50% informativos cunha extensión que vai entre 5 e 7 páxinas con esquemas, debuxos e outos elementos de estímulo para os lectores. Realízase cada 5 anos polo que o 2016 será a próxima edición. A promotora deste estudo é unha organización internacional de avaliación educativa (IEA). PIAAC: mide a competencia nos adultos (dos 16 aos 65 anos)  
TALIS: é o cuestionario do profesorado, sobre as prácticas de ensino e aprendizaxe levadas a cabo na aula. Promóveo a OCDE

Ningún comentario:

Publicar un comentario