mércores, 26 de novembro de 2014

Metodoloxía de corrección

É fundamental seguir un procedemento que permita unificar e aplicar criterios de corrección con homoxeneidade de rigor a todo o alumnado.

Nos probas de Lingua hai certa tendencia a mesturar comprensión e expresión, a pesar de termos claro que son subcompetencias diferenciadas, polo que deben medirse por separado se queremos información fiable do rendemento do noso alumnado e da eficacia pedagóxica da nosa metodoloxía didáctica.

Tendo en conta isto, elaboro modelos de resposta correcta tanto para as preguntas de comprensión como para as de expresión e non penalizo a expresión cando mido comprensión. 

Cando o que quero valorar é a capacidade de expresión, marco filtros de corrección múltiples nunha guía de codificación, desagregando o valor de cada elemento e aplico a rúbrica a cada un dos exercicios.

O alumnado ten obriga de supervisar as probas corrixidas e elaborar un informe de autoavaliación no que faga constar os erros cometidos e a solución a aplicar para non volvelos a cometer. Por suposto, ten diante as probas corrixidas para elaborar dito informe e pódeme pedir todas as explicacións que considere oportunas sobre a corrección e cualificación.

Todos os criterios de codificación empregados son coñecidos e ás veces consensuados polo alumnado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario